Concello de Vimianzo
9 de outubro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

21-12-2021

Sara Infesta convértese na gañadora do X Concurso Infantil de Postais ‘Vive o Nadal en Vimianzo’

Sara Infesta proclamouse gañadora do X Concurso Infantil de Postais ‘Vive o Nadal en Vimianzo’, onde participaron un total de 128 alumnas e alumnos de Infantil e Primaria. Todas as obras estarán dispoñibles para o público na Sala de Exposicións Antón Mouzo da Casa da Cultura ata o 9 de xaneiro.

Así, tamén resultaron gañadoras as obras de Vera Ferreiro e Paula Lavandeira na categoría A; as de Mariña Reinoso e Adrián González na categoría B; as de Jimena Chao e Eire Pardiñas na categoría C e as de María Padín e a da propia Sara Infesta na categoría D, que será empregada no cartel de Nadal 2022.

Unha bóla de cristal con efecto de neve e o Castelo de Vimianzo iluminado con motivos destas Festas foi a obra vencedora e todas se levarán material didáctico ou libros de lectura. Esta mesma tarde foi a entrega de premios.

Desde o goberno local aseguran que “o nivel foi altísimo nesta edición e poderase contemplar a maestría das pequenas e pequenos nunha Sala de Exposicións que pagará a pena visitar, seguro”, admiten.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X