Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

15-12-2021

Vimianzo acollerá o vindeiro 9 de xaneiro o XIII Dúatlon de Reis e desde hoxe está aberto o prazo de inscricións

Vimianzo acollerá o vindeiro 9 de xaneiro o XIII Dúatlon de Reis e desde hoxe está aberto o prazo de inscricións, que poden formalizarse en www.fegatri.org. Na pasada edición resultaron campión e campioa absolutos Gabriel Castiñeira Pais e Mar Delgado González.

Celebraranse por primeira vez unha proba específica para as categorías cadete, xuvenil e júnior, ademais das Sub-23, absoluta, veterana e por relevos puntuables para o circuíto galego.

Así, tamén volverán a celebrarse as probas de relevos por parellas en categoría masculina, feminina e mixta. Poderán participar non federados e non federadas con licenza dun día. A apertura de mesa será ás 8:30 horas e a saída do circuíto mozo está prevista para as 9:30 horas. A saída do circuíto galego está prevista para as 11:30 horas.

Seguindo o protocolo COVID-19, suprimiranse os servizos de vestiario e gardarroupa e só poderán acceder á zona da carreira os deportistas e persoal acreditado, xa que non se permitirá público.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X