Concello de Vimianzo
17 de maio de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Novas

14-12-2021

Vimianzo estreará este venres a súa pista de xeo natural na praza do Concello noutra das actividades da programación de Nadal

Vimianzo estreará este venres, 17 de decembro, a súa pista de xeo natural na praza do Concello, equipamento que se instalará por primeira vez no municipio e cuxa actividade forma parte da programación de Nadal.

Poderase acceder á instalación a partir das 18:00 horas e quedará instalada nunha carpa anexa á Casa Consistorial ata o 9 de xaneiro, en horario de 11:00 a 23:00 horas. O prezo de entrada, que inclúe patíns, será de 5 euros, e poderase reservar a través da aplicación móbil de Saudeter, ou en www.app.saudeter.com.

Será obrigatorio o uso de guantes e de máscara sanitaria. Haberá xel hidroalcólico a disposición das persoas usuarias e proporcionaranse calzas de plástico desbotables. Desinfectaranse os patíns despois de cada uso.

Desde o goberno local sinalan que “a nosa intención é ampliar o abano de posibilidades de ámbito lúdico durante o Nadal, e a maiores contribuír á dinamización do comercio e hostalaría locais”, subraian desde o executivo, quenes agardan que “esta actividade, novidosa no noso municipio, sirva tamén como atractivo para que as familias pasen un rato agradable en Vimianzo”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
17
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X