Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

10-11-2021

O Concello remata a primeira fase do proxecto de rehabilitación do paseo de Cereixo

O Concello de Vimianzo vén de rematar a primeira fase do proxecto de reparación e rehabilitación do paseo de Santiago de Cereixo, que conta coa financiación da Consellería do Mar para estratexias de desenvolvemento local e cun valor estimado do contrato de 196.247,28 euros.

A superficie total na que se interviu é de 1380 metros cadrados aproximadamente, e con esta intervención preténdese dar solución a un dos problemas de base que presenta esta zona: as frecuentes inundacións nas épocas de choiva e crecida. A acontecida en decembro de 2018, por exemplo, provocou danos catastróficos tanto na estrutura de practicamente todos os tramos do paseo como nos pavimentos de madeira, material que foi renovado por completo.

Trátase dun espazo natural e etnográfico singular á beira do río Carnés, na súa desembocadura na ría de Cereixo. Alberga un parque, un castelo e unha fortificación que datan do século XVI, así como a capela Románica de Santiago de Cereixo. Na ría podemos atopar tamén o muíño de mareas de Cereixo, de singular arquitectura de fábrica levantado no ano 1679.

Este paseo presenta tramos diferenciados con características moi distintas, e a pretensión con estes traballos é que o impacto da actuación sexa mínimo. Por estes motivos, actuouse no primeiro tramo antes de proseguir cunha segunda intervención. Non se variarion os límites e a contorna do paseo, mantendo como definitivas as cotas, pendentes e alturas actuais.

Empregáronse materiais xa existentes nestes espazo, como a madeira de piñeiro para as varandas e revestimentos verticais, e o granito gris para a delimitación e os remates dos camiños.

O goberno local decidiu incluír unha serie de modificacións nalgún tramo e de maneira adicional, contemplando así o emprego da pedra en maior medida para acadar unha superficie ríxida e compacta que contribúa a minimizar o impacto de posibles futuras inundacións.

Instaláronse novos modelos de luminarias, bancos e papeleiras. Recuperaranse os paneis informativos e realizaranse as pertinentes tarefas de limpeza previa. O proxecto inclúe unha preinstalación da rede de saneamento que sirva ás vivendas ao pé da estrada DP-1603, consistente nun colector soterrado e un pozo para ser dotado nun futuro de bomba e tubaxe de bombeo de retorno ata a estrada provincial.

O edil de Obras, Miguel Ángel Pérez, salienta da importancia de dar solución a un problema “de moito calado” no paseo de Cereixo, unha zona “de gran relevancia histórica e patrimonial” e moi castigada “polas choivas estacionais”, que dunha vez por todas “goza da rehabilitación que se merece para que a veciñanza poida desfrutar dun dos enclaves con máis personalidade do noso municipio”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X