Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2021
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-11-2021

Vimianzo en XANTAR (Ourense)

Vimianzo promoverá esta fin se semana o seu potencial gastronómico en Xantar, con produtos do mar e da terra que mostarán a nosa idiosincrasia.

O concello de Vimianzo pechará  o programa de actividades o día 6 de outubro entre as 12:00 a 14:00 como un referente turístico e gastronómico da Costa da Morte en Expourense, na vixésima segunda edición de Xantar , o Salón Internacional  de Turismo Gastronómico, no stand da Deputación da Coruña.

Isto supón un gran escaparate para Vimianzo, posicionarase como un referente culinario e turístico da Costa da Morte, unha oportunidade de negocio onde se impulsarán os nosos produtos gastronómicos, turísticos e de ocio.

Vimianzo participará no showcooking da man do cociñeiro, vimiancés, Fabián Mouzo Romero coa exquisita elaboración dun pincho irmandiño, denominado “ Brisa”,  incorporará elementos como palmeira de codium, ourizo e sardiña afumados, xema de ovo curada e aire de 1906 black coupage. Un bocado con sabor e ulido a mar, que evocará o bico entre o Atlántico e Vimianzo no Coído de Sabadelle, sen esquecer a esencia da cociña tradicional.

Neste evento tamén terá lugar unha degustación de callos da Faguía de Carnés, declarada Festa de Interese Turístico de Galiza.

O corazón da Costa da Morte deixará  un gusto doce ca bica e Pedras do Castelo, elaboradas por distintos establecementos de Vimianzo.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2021 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
5
7
8
9
10
11
12
15
17
18
19
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X