Concello de Vimianzo
19 de outubro de 2021
O corazón da Terra de Soneira

Formación

Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello

Convocatorias

Emprego

Outras Convocatorias

06-10-2021

Acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG do día 15 de xuño de 2021) a ORDEN de 4 de xuño de 2021 pola que se regula, no ámbito do sistema educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral para unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).

 
A convocatoria establece o procedemento para validar a experiencia profesional e/ou aprendizaxes non formais.
 
Toda a información está recollida no portal de FP http://www.edu.xunta.gal/fp na pestana de acreditación. Pode acceder directamente dende o seguinte enlace na páxina web https://www.edu.xunta.gal/fp/acredita.
 
A solicitude débese xerar dende a aplicación informática de xestión do procedemento, no enlace http://www.edu.xunta.gal/acreditacion despois de rexistrar os datos solicitados. Logo de xerala, debe presentala mediante a Sede Electrónica da Xunta de Galicia. A propia aplicación permite a conexión coa sede electrónica para a súa presentación.
 
De necesitar máis información, orientación ou axuda para presentar unha solicitude pode dirixirse a calquera centro educativo público que imparta formación profesional e solicitar unha reunión co Departamento de orientación (en Vimianzo, o tel. do IES TERRA DE SONEIRA é 881 86 65 19).
 
Recorde os documentos que deberá presentar xunto coa solicitude: Informe de vida laboral actualizado, contratos de traballo e/ou certificados de empresa, Certificados da formación alegada e Currículo Vitae Europeo (CVE).
 
O prazo de presentación de solicitudes está aberto de forma permanente.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2021 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
18
22
24
25
26
27
28
29

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X