Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

20-09-2021

Vimianzo vive unha xornada especial coa ruta nocturna polos Petróglifos de Somontemio e do Prado da Cruz

O Concello de Vimianzo vivíu a noite do sábado unha xornada do máis especial e cativadora coa ruta nocturna polos Petróglifos de Somontemio, Prado da Cruz e na que tamén se puido contemplar a Cruz do Loureiro.

Tivo lugar esta actividade, unha andaina circular de 4,4 quilómetros de lonxitude con saída ás 21:30 horas da praza do Concello na que se esgotaron as inscricións moito antes do límite para facelas efectivas.

Contouse coa inestimable colaboración de David Roget e de distintos membros do colectivo A Rula, quenes colaboran na organización desta actividade. As persoas participantes, a petición do Concello,  armáronse con lanterna e calzado axeitado para camiñar polo monte.

Tivo unha duración estimada de tres horas, aproximadamente e tratouse dunha andaina incluída na Ruta dos Segredos do Val de Vimianzo.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X