Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

14-09-2021

Vimianzo, Camariñas e Muxía clausuran o programa ‘Xuventude polo emprego’ coa vista posta no seguinte obradoiro

Vimianzo, Camariñas e Muxía clausuraron esta mañá o programa ‘Xuventude polo emprego’ coa mirada posta no seguinte obradoiro, que se lles acaba de conceder ás tres Administracións locais.
 
A Xunta de Galicia concedeulles aos tres municipios unha subvención de 346.946 euros con cargo ao orzamento da Consellería de Emprego e Igualdade para desenvolver ‘Camiño o futuro’, a denominación deste novo taller de emprego para 20 alumnos e alumnas, cunha duración de 9 meses e para as especialidades de conservación e mellora de montes, pavimentación e albanelería de urbanización.
 
Mónica Rodríguez, Sandra Insua e Iago Toba acudiron a un acto no que estiveron presentes, por parte da Xunta de Galicia, Judit Fontela, xefa territorial de Emprego e Igualdade, e Gonzalo Trenor, delegado territorial. Este obradoiro permitiu formar a 16 mozos e mozas incluídos no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil. O acto tivo lugar na Casa da Cultura de Vimianzo.
 
Os rexedores dos tres municipios decidiron conxuntar esforzo co obxectivo de fomentar o emprego, aumentar a inserción laboral e mellorar as capacidades dos seus veciños e veciñas. Así, conseguiron unha subvención de 369.492,32 euros para levar a cabo o programa de emprego, que está cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Fondo Social Europeo ‘Iniciativa de Emprego Xuvenil, o FSE inviste no teu futuro’.
 
A sede estivo en Vimianzo, como entidade promotora, pero as prazas repartiranse de xeito equitativo entre Vimianzo, Camariñas e Muxía. Desenvolveranse dous módulos: ‘Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web’ e ‘Instalación de elementos de carpintería’. Todos os alumnos tiveron un contrato de traballo durante a súa formación, que se desenvolveu do 15 de setembro de 2020 ao 14 de setembro de 2021, con 1920 horas lectivas.
 
Xuventude polo Emprego
 
Estivo dividido en dous módulos, e no caso do primeiro os obxectivos son: desenvolvemento de aplicacións web para asociacións e a creación de ferramentas para a bolsa de emprego municipal, para a xestión do arquivo audiovisual municipal e de axenda de eventos territorio. Tamén se encargaron de elaborar aplicacións para as áreas de turismo.
 
Os obxectivos do segundo módulo foron: montaxe de casetas multifuncionais en Vimianzo e Camariñas, actuación na fachada da biblioteca municipal de Camariñas, mantementos e mobiliario en todo Vimianzo e especificamente na escola de Reboredo e na de Señoráns e arredores, mantementos e melloras de chan e paramentos de madeira das oficinas da Casa de Pedra de Camariñas e o mantemento e a mellora de elementos de madeira da área fluvial do Río Negro en Muxía.
 
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, subliñou ‘o éxito da fórmula que combina formación cunha experiencia que se achega nun alto grao á presenza no mercado laboral’, e quixo parabenizar ao alumnado participante ‘polo seu esforzo sacrificio nestes 12 meses’, enfatizando no ‘orgullo que supón para nós que deixarades a pegada en Vimianzo, Camariñas e Muxía’.
 
Pola súa banda, o alcalde de Muxía, Iago Toba, plantexou unha refllexión referida á ‘unión. Cando a xente, as persoas, traballan en equipo os resultados sempre son positivos. Muxía eramos un dos municipios que levabamos moito tempo sen un obradoiro, e a pesar das dúbidas iniciais pois nós seguímolo intentando’, reiterando os agradecementos ‘a Rosa, María e Anabel’, as ADL dos tres Concellos, que son ‘tres profesionais que saben da importancia que teñen iniciativas como estas. Isto merecerá a pena si tan só un de vós consegue atopar unha saída laboral ao finalizar esta andaina’, destacou.
 
Por último, Sandra Insua, rexedora camariñana, sinalou que ‘co voso traballo, combinando formación e destreza, puidemos comprobar neste ano o voso avance cara a excelencia nas vosas tarefas’, agracedendo a súa implicación ‘a todos os axentes participantes na iniciativa’ finalizou. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X