Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

16-08-2021

Axudas obtención permisos condución clases B e C dirixidas a persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil en Galicia

A Consellería de Política Social convocou no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 13 de agosto de 2021, as bases reguladoras para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoais inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código do procedemento: BS321A

O importe da axuda será de 400€ para a obtención do permiso de condución clase B e de 650€ para o permiso de clase C. O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos os permisos obxecto da orde.

Persoas destinatarias e requisitos:  

-       Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil.

-       Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano

-       Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

-       Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permisos para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entgre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

Presentación: as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes: un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG.

ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG

ENLACE DO PROCEDEMENTO NA SEDE ELECTRÓNICA.

Información e asesoramento:

-       Nos teléfonos relacionados no Anexo IV do DOG

-       Coa Orientadora Laboral no 981737004 en horario de 9:00 – 14.00

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X