Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-08-2021

Vimianzo licita por 60.000 euros as tarefas para acondicionar a explanada do colexio de Baíñas e a estrada que vai ao tanatorio

O Concello de Vimianzo licita por 60.019 euros as obras para renovar o firme da estrada situada detrás do tanatorio e da explanada de diante do colexio, na parroquia de Baíñas. As actuacións permitirán instalar nova iluminación LED e mobiliario urbano na contorna do centro educativo.

"Na actualidade, a plataforma que discorre por detrás do tanatorio e a explanada do colexio de Baíñas presentan un estado defectuoso debido ao paso do tempo, ás inclemencias meteorolóxicas e ao tráfico rodado", sinalou o Víctor Manuel Muíño Ramos, primeiro tenente de alcalde. "Co obxectivo de dar resposta a estas deficiencias, levaremos a cabo tarefas de pavimentación en ambos espazos con aglomerado en quente para eliminar as fochancas e gretas que poñen en risco a seguridade dos vehículos e peóns e peoas que circulan por estas vías", explicou.

Por outra parte, as cunetas da vía de detrás do tanatorio limparanse para poder cumprir coa súa función de evacuación de augas, xa que na actualidade conteñen vexetación con terra, ramas pequenas e rochas que dificultan esta misión. As tarefas tamén incluirán a instalación de nova sinalización horizontal e vertical.

As actuacións tamén permitirán reparar e modificar a isleta que se atopa diante do colexio, facéndoa máis amplia para mellorar as súas condicións de accesibilidade, dotándoa de rebaixes para persoas con mobilidade reducida e cambios de pavimento táctil.

A zona de diante do centro educativo tamén verá renovada con esta actuación a súa iluminación mediante a instalación de farolas LED. No mesmo lugar incorporarase novo mobiliario urbano, como bancos e papeleiras, así como zonas verdes a través de labores de axardinamento con alcorques.

As empresas interesadas nesta actuación poderán presentar as súas ofertas ata o 15 de agosto de 2021.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X