Concello de Vimianzo
8 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-08-2021

Vimianzo dedicará 385.363 euros para incrementar a seguridade viaria en Baíñas e dotar de saneamento ao lugar de Quintáns

O Concello de Vimianzo segue a mellorar as infraestruturas municipais cunha achega de 385.025 euros que se empregará para renovar o acceso ao Sixto e o viario en Santa Comba, ambos na parroquia de Baíñas, e dotar dunha rede de saneamento ao lugar de Quintáns de Treos.

As actuacións executaranse en dúas fases dentro do Plan Único Adicional 2021 da Deputación da Coruña, incluíndose na primeira a mellora da estrada en Santa Comba, na parroquia de Baíñas, que conta cun orzamento provincial de 62.074 euros.

Na segunda (que acaba de ser aprobada no pleno da corporación local para ser incluída no POS+ Adicional 2021) enmárcanse as obras no acceso ao Sixto, que contarán con 162.990 euros, dos que 149.252 euros serán de achega provincial e 13.737 euros do Concello. Ademais, destinaranse 194.035 euros á creación da rede de saneamento no lugar Quintáns de Treos, dos que 174.034 euros serán aportados pola Deputación e 20.000 euros polo Concello.

“A mellora do acceso ao Sixto e da vía en Santa Comba permitirán incrementar a seguridade viaria nestes tramos, tanto para peóns como para o tráfico rodado” sinalou Víctor Manuel Muíño Ramos, primeiro tenente de alcalde. “Por outra banda, a configuración da rede de saneamento en Quintáns de Treos dá resposta a unha vella demanda e garantirá o servizo de subministración ás persoas que residen na contorna”, explicou. O Concello xa dispón dos terreos, augas e servidumes para a execución dos investimentos, así como das concecións e autorizacións administrativas.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X