Concello de Vimianzo
5 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

14-07-2021

O Concello licita o proxecto de mellora da avenida da Gándara que conecta o instituto e a área recreativa do Muíño

O Concello de Vimianzo incluirá dentro das obras a realizar no Plan Único provincial o proxecto de mellora da avenida da Gándara, que une o instituto e a área recreativa do Muíño.

En total,  o importe de licitación ascende a 78.206,77 euros e o obxectivo principal é dotar dun novo firme e ensanchar para que conte con dous carrís de circulación, beiravías e sendas peonís, á par que se instalarán evacuacións de pluviais e preinstalación para futuras redes de iluminación pública.

O tramo de actuación ten unha lonxitude de 220 metros e as obras servirán  para mellorar as condicións de seguridade e a calidade de vida tanto na zona a intervir como en toda a contorna.

Os traballos consistirán na repavimentación do tramo descrito, formando unha calzada para tráfico lixeiro con base de 10 centímetros de zahorra natural sobre o xa existente, e de 30 centímetros no caso da ampliación, que será compactada cunha apisonadora.

Previamente o pavimentado construirase a rede de evacuación de pluviais por ambas as dúas marxes do vial. As beiravías peonís serán de 120 centímetros de ancho en formigón impreso e tamén se instalarán dous pasos de peóns, un ao comezo en continuidade co paseo fluvial, e outro en frente o instituto. Realizarase o recrecido das arquetas e bocas dos outros servizos existentes para adaptalas a rasante da vía.

O edil de Obras, Miguel Ángel Pérez, sinala que “contamos con executar esta obra antes do inicio da tempada escolar para non estorbar así o correcto funcionamento da volta ás clases”, á vez que insiste na “necesidade real de acometer xa non só a mellora no pavimento, coa conseguinte optimización da seguridade, senón tamén instalar sistemas de pluviais e as beirarrúas”, finalizou. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X