Concello de Vimianzo
25 de setembro de 2021
O corazón da Terra de Soneira

Novas

08-07-2021

Apertura da piscina con mellora integral de cara a tempada de verán

O Concello de Vimianzo impulsou unha mellora integral da piscina municipal de cara a tempada de verán, e abrirá hoxe ás 15:00 horas. Entre os traballos realizados, atópanse a impermeabilización de ambos vasos, xa que se porá novamente en marcha a infraestrutura pensada exclusivamente para nenas e nenos menores de 5 anos a vindeira semana, dotouse ao espazo dun novo pechamento, instalouse céspede artificial e tamén se lle aplicou unha nova capa de pintura. Tamén se realizaron melloras na sala de máquinas.

Este compendio de melloras, en verbas da alcaldesa de Vimianzo, presentábanse como “imprescindibles” xa que a piscina presentaba un notorio nivel de deterioro, e con isto asegúrase que unha infraestrutura ao aire libre conta con materiais de calidade para resistir, ademais do uso diario, as inclemencias meteorolóxicas.

Poderá empregarse seguindo a normativa vixente marcada polo contexto sanitario, e desde a Administración local avanzan que o horario de apertura será de martes a venres de 15:00 a 20:00 horas e a fin de semana de 14:00 a 20:00 horas. Ao longo do verán, á súa vez, organizaranse cursos de natación en horario de 11:45 a 13:30 horas.

Esta mañá, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; a concelleira de Benestar Social, María José Pose e o técnico de Deportes, Víctor Santos, inspeccionaron o resultado final, e valoran “moi positivamente” que este verán as familias vimiancesas poderán contar cun lugar de calidade para “mitigar o calor estival”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2021 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
25
26
27
28
29
30
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X