Concello de Vimianzo
6 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

29-04-2021

O Concello dá un paso máis na modernización dos servizos e implementa o pago a través da web

O Concello de Vimianzo dá un paso máis na implementación de sistemas que lle faciliten o día a día á veciñanza, e xa puxo en marcha a pasarela de pago “Cuaderno 60” para poder efectuar as transaccións a través da páxina web municipal. Así, as tramitacións non requerirán o desprazamento ás entidades bancarias, que moitas veces dificultaban estes procedementos e os facían moi tediosos.

Así, facilitouse un apartado personalizado na páxina web www.vimianzo.gal na cal a veciñanza poderá efectuar as tramitacións do día a día, como o pago de recibos ou abono das multas. Polo momento existe un convenio con ABANCA, e estase estudando ampliar este a máis entidades.

Tamén está previsto, nun futuro, provisionar ás oficinas municipais de varios TPV, para que se poida pagar con cartón no mesmo momento de efectuar unha operación, mesmo as entradas para os espectáculos culturais.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X