Concello de Vimianzo
5 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

28-04-2021

A alcaldesa de Vimianzo aclara en rolda de prensa a polémica da licitación do contrato de reposición das luminarias

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, ofreceu o 27/04/21 no Salón de Plenos e xunto aos edís María José Pose, Miguel Ángel Pérez e Rosa Blanco, unha rolda de prensa nun acto de total transparencia para aclarar a polémica surxida en torno á licitación do contrato de reposición das luminarias.

A rexedora vimiancesa insistiu en todo momento na legalidade dos pregos e que “tanto ela como o seu grupo de goberno” intentarán ata o “final” que este proxecto sexa unha “realidade para toda a veciñanza, que responde a unha demanda histórica de todo o pobo”, sinalou.

Ao Concello de Vimianzo foille concedida unha subvención por parte do Instituto de Diversificación para o Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio de transición ecolóxica e reto demográfico, para a renovación de case 4.500 luminarias nas 14 parroquias e nos 133 lugares que integran territorialmente o municipio. Con isto, preténdense varios obxectivos: en primeiro lugar, aforro na factura municipal, debido a que as luces con tecnoloxía led consumen moito menos que as halóxenas convencionais. De seguido, un menor impacto ambiental, vencellado tamén ao consumo, que é moito menor. En terceiro lugar, tamén se producirá logo de acometer estes traballos, unha redución da contaminación lumínica. Por último, unha clara melloría estética, ao cambiar os elementos e soterrar o cableado.

Os técnicos municipais comezaron a traballar neste expediente en agosto do 2019, dado a complexidade técnica e requisitos da convocatoria. Máis dun ano despois, en marzo de 2021, logo de celebrarse un pleno ordinario no que Adiante Vimianzo vota en contra desta proposta (tan só así podían optar a presentar un recurso especial como así fixeron) e posteriormente o Concello recibe a correspondente comunicación.

Manuel Antelo Pazos presentou ante o TACGAL, o Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, un recurso especial no que impugnaba en ata oito puntos os pregos do proxecto.

A gran maioría dos argumentos, e que manifesta neste recurso, son exactamente os mesmos mecanismos que el empregaba na súa condición de alcalde, e que agora parecen non ser válidos e carecer de rigorosidade. A resolución do TACGAL tan só estima unha desas oito alegacións, en concreto a relacionada coa memoria.

O deber que ten a Administración local agora é motivar a memoria. En relación aos restantes sete puntos, a resolución corrobora que tanto a licitación como os pregos son totalmente legais.

“Si estou aquí, tanto eu como o meu grupo de goberno, é para aclarar esta situación. Estamos preocupados pola resolución desta situación, pero non podemos permitir que Adiante Vimianzo e Manuel Antelo sigan mentindo”, expresou a rexedora. “Onte tivemos un pleno extraordinario para dar cumprimento expreso á resolución do TACGAL, onde se corrobora ao amparo desde o minuto cero dos informes favorables que formaban parte do expediente”, prosegueu a rexedora.

Onte, Adiante Vimianzo solicitou en sesión plenaria declarar como nulo este procedemento, cando nin a resolución do TACGAL o di, pero na súa “intención dilatoria e xudicializando novamente un proceso no Concello de Vimianzo” teriase que volver a iniciar.

“En base á resolución do tribunal e ao informe favorable do secretario municipal, imos avanzar e cumplir punto por punto tanto na forma como no fondo de toda esta cuestión”, afirmou tallantemente a alcaldesa, e púxose á disposición da veciñanza para que “todas as persoas que teñan algunha dúbida ao respecto deste proxecto, un contrato de máis de 2 millóns de euros, as nosas portas estarán abertas”, finalizou.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X