Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

21-03-2012

Máis de 450 escolares participaron no programa didáctico da exposición de Xurxo Martiño

Un total de 467 escolares participaron desde o pasado día 12 de marzo na programación didáctica da exposición de pintura de Xurxo Martiño que remataba na mañá de hoxe cos alumnos do IES Terra de Soneira. O propio Martiño foi o encargado da elaboración da programación na que participaron o CEIP San Vicenzo, O CEIP de Baíñas, as tres escolas unitarias e o IES Terra de Soneira. Martiño realizou un programa dividido en grupos segundo as idades e os niveis de coñecemento dos participantes. Deste xeito o nenos e nenas de educación infantil traballaron a profundidade de campo por superposicións de planos, creando unha paisaxe cun determinado número de elementos. O alumnado de 2º e 3º de primaria aprendeu a elaborar un retrato fraccionado en cuadrículas empregando a técnica da colaxe. 4º e 5º traballaron coas formas xeométricas simples como base para encaixar un debuxo; e 6º aprendeu a analizar unha obra de arte mediante un proceso de observación detallado para realizar unha copia dun cadro da exposición baseándose nun aspecto concreto do mesmo. Os máis maiores, o alumnos e alumnas do instituto, pecharon hoxe a programa aprendendo a traballar cunha das primeiras técnicas de reprodución: a serigrafía. Deste xeito os escolares de Vimianzo tiveron a oportunidade de recibir unha clase maxistral da man do pintor de Caxadas e de non ser simples expectadores dunha exposición. 
O vindeiro sábado, día 24, Martiño volverá á Sala de Exposicións para facer unha xornada aberta para todas as persoas que o desexen, aínda que o concello convidou especialmente ás asociacións, o pintor guiaranos pola súa propia exposición, contestando todas as dúbidas que nos poidan xurdir respecto dos cadros, das técnicas artísticas, etc. Nesta xornada aprenderemos a desenvolver a capacidade crítica para entender e valorar obras de arte e "aprenderemos a ver" unha exposición. 
A cita será o sábado 24 ás 17 horas na Sala de Exposicións Antón Mouzo.    
     

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X