Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

21-04-2021

PEL-Reactiva: programa específico de apoio á hostalería e axencias de viaxes

O luns, 24 de maio, ás 8.00 horas abriu o prazo de presentación de solicitudes ás axudas de PEL-REACTIVA: PROGRAMA ESPECÍFICO DE APOIO Á HOSTALERÍA E AXENCIAS DE VIAXES para as microempresas e autónomos/as de Ferrol, A Coruña e Santiago. A través deste programa repártense axudas directas de 1.500 euros a microempresas e persoas traballadoras autónomas de toda a provincia que cumpran, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Figuren dadas de alta no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, en calquera dos epígrafes das agrupacións 67 (bares e restaurantes), 68 (hospedaxe), grupo 755 (axencias de viaxe) e epígrafe 969.1 (salas de festa e discotecas)
  • Teñan o seu domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña
  • IMPORTANTE: Non resultaran beneficiarias das axudas PEL-REACTIVA: Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social da Provincia da Coruña

As modificación das bases, pola que se amplían os/as destinatarios/as das axudas,  poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 91 do 18 de maio de 2021 ou a través da seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/05/18/2021_0000004159.pdf

A concesión realízase por orde de entrada e o prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o esgotamento do crédito dispoñible, ou, en todo caso, ata o 15 de xuño ás 14.00 horas.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da aplicación SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/

Lembrámoslle que na web https://pel.gal/ e no facebook https://www.facebook.com/PlanEmpregoLocal  pode consultar a información actualizada sobre as distintas liñas do Plan de Emprego Local.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X