Concello de Vimianzo
26 de agosto de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

12-03-2012

Programación infantil os sábados na biblioteca

O sábado presentouse a programación de animación á lectura para as crianzas do concello. Un programa de actividades que se desenvolverá dous sábados ao mes durante oito meses. Manuel Antelo facía a presentación do cartel acompañado pola técnica de cultura, Nieves Lema, a bilbliotecaria. Pilar Lemus e as monitoras culturais Rocío Andújar e Eva Romero. 
A programación desenvolverase arredor dunha temática diferente cada mes; asíteremos o mes do teatro (marzo), o do libro (abril); o mes das letras vivas (maio), o mes do noso (xuño), o dos contos populares (setembro), o da cociña entre libros (outubro), o mes da infancia (novembro) e o nadal entre libros (decembro). Cada mes haberá unha exposición na biblioteca acorde coa temática escollida. as actividades realizaranse dous sábados ao mes, un deles cun obradoiro a cargo das monitoras municiapais e o outro cunha animación a cargo dunha compañía. No mes de maio a escritora Conche Blanco, autora de múltiples obras infantís, terá un encontro na biblioteca cos nenos e nenas de Vimianzo; e no mes de setembro será outro escritor da Costa da Morte, Miro Villar, quen se achegue á biblioteca de Vimianzo. 
O pasado sábado quedou inaugurada a exposición "teatro para crianzas" e o vindeiro sábado 17 ás 17 horas haberá "Contos de ovos" con Pablísimo.       

Descargas

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X