Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

09-03-2012

Vimianzo únese pola igualdade no Día Internacional da Muller Traballadora

O concello de Vimianzo e o IES Terra de Soneira organizaron unha marcha pola igualdade para conmemorar o Día internacional da Muller Traballadora. Os rapaces e rapazas do instituto percorreron as rúas de Vimianzo para rematar a concentración na praza do concello onde os agardaba o alcalde, o persoal do concello e numerosas persoas que quixeron unirse á loita pola igualdade. Os alumnos e alumnas portaron durante a marcha unha letras que ao chegar á praza colocaron formando a seguinte mensaxe: Marcha pola igualdade. Vimianzo 2012, que podemos ver agora penduradas do balcón do concello. Na praza puidemos oír palabras de Rosalía de Castro e Ana Romaní, da boca de profesoras e alumnas e Manuel Antelo pechou o acto agradecendo a paritcipación e colaboración de todos e todas as presentes, lembrando os pasos que aínda quedan por dar na sociedade para acadar unha verdadeira igualdade.  
 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X