Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

23-11-2020

O Concello prosegue o seu plan de recuperación patrimonial coa restauración dos cruceiros de Casas Novas e Tufións

O Concello de Vimianzo prosegue o seu plan de recuperación patrimonial coa restauración dos cruceiros de Casas Novas e Tufións. “Os cruceiros son un dos elementos de patrimonio cultural que definen Galicia”, destaca Tito Concheiro, responsable destes traballos xunto con Candela Alvarellos, de Terra Arqueos.

Ambos están catalogados como Ben de Interese Cultural e datan de hai máis de 100 anos. Previamente á reconstrución, acudirase ao laboratorio para precisar analiticamente que traballos teñen que ser realizados. Aplicaraselles, en todo caso, morteiro, xa que é un material “que resiste moi ben a climatoloxía, ademais de semellar mellor a pedra e non presentar problemas nas variacións de humidade”, respondía Alvarellos.

Está prevista a súa colocación na ubicación orixinal. “Os cruceiros non están deseñados para as vías de comunicación modernas, nin para o tráfico pesado que hai hoxe en día”, destacaba o arqueólogo Tito Concheiro, responsable xa dos traballos no Castro das Barreiras, e respondendo á problemática destes dous elementos, xa que quedaran situados nunha rotonda, con paso de vehículos a ambos lados. “O cruceiro dalle valor ao sitio, son iconos”, destaca Concheiro, quen se refire a Galicia como “o país dos cruceiros”, si ben xa recollía isto Castelao na súa obra “As cruces de pedra na Galiza”.

“Son parte da nosa vida, do noso pasado, e quero agradecerlle ao Concello de Vimianzo que nos seus proxectos haxa moita implicación co noso patrimonio, que é de todos”, recalcaba Concheiro, a quen Rosa Blanco, concelleira de Cultura, lle respondía con outro “agradecemento pleno en nome de todas as vimiancesas e vimianceses. Seguiremos loitando por recuperar estes elementos que, como ben aludía Tito, forman parte da nosa identidade”, sinalaba a edil. 

Curiosidade
Na base do cruceiro de Casas Novas pode lerse a inscrición completa: “Se hizo por bonificación (por devoción) de Mourelle, año 1899”. Cabe destacar que aínda hoxe en Casas Novas reside unha familia con este apelido

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X