Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2020
O corazón da Terra de Soneira

Novas

20-11-2020

O Concello adicará ao redor de 180.000 euros a reactivar o comercio e a hostalería no contexto actual de incidencia da covid-19

O goberno local reuniuse co comercio e a hostalería de Vimianzo, de xeito telemático, para coordinar as accións de cara a campaña de Nadal, e mesmo as rebaixas. O Concello adicará unha partida orzamentaria de 178.000 euros.

Neste programa de apoio e dinamización do comercio local atópanse unha batería de medidas, moitas delas en marcha, sempre dirixidas ao tecido comercial e hostaleiro do municipio.

Artellaranse, como primeira medida, os vimi-bonos, que poderán solicitar todas as persoas empadroadas en Vimianzo e maiores de 18 anos e que serán de 25 euros. Poderase empregar desde o 16 de decembro e a veciñanza poderá solicitalos ata o 23 de decembro.

Nas xuntanzas, que se artellaron de xeito independente, as persoas que rexentan este tipo de negocios dentro do termo municipal, trasladaron as súas inquedanzas ao executivo vimiancés. Habilitarase un directorio web nos vindeiros días para que todas as empresas que así o desexen se poidan inscribir para participar na mesma. O lema da campaña será “Vimianzo medra contigo!”.

As condicións acaecidas durante as últimas dúas semanas, que pola incidencia da covid-19 en Vimianzo fan que as restricións afecten ao tecido comercial do municipio, fan máis relevante si cabe impulsar unha campaña de Nadal “que abranga todo o noso comercio e hostalería”, salienta a alcaldesa, Mónica Rodríguez.

Así, impulsaranse unha batería de medidas para fomentar as compras de proximidade, así como a estratexia para o posicionamento en liña dos establecementos, medida esta última que tivo boa acollida entre os presentes a ambas xuntanzas. Estará englobada nunha imaxe corporativa deseñada expresamente para este fin, apoio técnico ao comercio de xeito individual para dotar aos negocios de ferramentas para o posicionamento web e unha completa campaña publicitaria. Tamén se deseñarán os vimi-rascas, cos que os participantes poderán optar a diversos premios.

“O contexto actual fai que nos teñamos que reinventar unha vez máis, ao reducirse drasticamente a actividade local. É por iso que vemos como unha posibilidade bastante factible a compra a través de varias plataformas en Internet”, comenta a rexedora vimiancesa, quen avanza que “as sinerxias obtidas destas xuntanzas axudarán a unha coordinación absoluta entre o Concello, hostaleiros e comerciantes para darlle volta a esta situación”, asegurou.

Desde o Concello infórmase de que calquera empresa interesada en participar na mesma se ten que rexistrar no departamento de Promoción Económica, sendo este requisito indispensable.

Cita previa
Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2020 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT DBARRIO Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X