Concello de Vimianzo
27 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

17-11-2020

Mellora na rede de saneamento na zona do Outeiro de Braño de Carantoña financiado con cargo ao Plan Único

O Concello de Vimianzo proxecta a mellora na rede de saneamento na zona de Outeiro de Braño de Carantoña, financiado con cargo ao Plan Único da Deputación Provincial da Coruña.

Invertiranse 47.749, 85 euros nun lugar onde actualmente non existe ningún tipo de rede pública de saneamento de augas residuais. Debido á topografía do lugar, prevese a instalación dunha estación de depuración, posto que é posible canalizar as augas cara un solo punto de tratamento e verquido, no medio do percorrido, executando dous tramos con pendentes cara esa depuradora, preto do río de Carantoña.

A rede proxectada trátase dun sistema unitario e evacuará por gravidade cara a estación depuradora incluída no proxecto; é dicir, sin bombeo. O obxectivo desta infraestrutura é a evacuación, transporte, recollida, concentración e depuración dos verquidos de augas residuais que se xeneran no núcleo de poboación de Braño, e a eliminación de pozos e fosas sépticas que actualmente recollen ditas augas nas parecelas privadas.

Por outra banda, tamén se pretende mellorar a pista final do núcleo, así como un pequeno tramo de pista no interior do núcleo, actualmente en mal estado. O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, destaca este proxecto porque “dotará un servizo esencial a un núcleo poboacional que carecía do mesmo actualmente”, sinala.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X