Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

28-09-2020

Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES)

O concello de Vimianzo está a traballar na elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES). Este Plan nace no seo do Pacto das Alcaldías, un movemento a nivel europeo no que participan as autoridades locais e rexionais que asumiron o compromiso voluntario de mellorar a eficiencia enerxética, empregar fontes de enerxía renovables nos seus territorios e reducir as emisións de CO2.

Trala Declaración de Emerxencia climática e Ambiental en España, o Concello de Vimianzo sumouse tamén a desenvolver liñas de acción que fagan fronte á crise climática e aproveitar os beneficios sociais e económicos que ofrece a transición ecolóxica para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.

Colabora co Concello, e súmate á loita contra o Cambio climático! Persoal da empresa ENERGAL S.L pasará polos locais comerciais a realizar enquisas sobre os consumos enerxéticos en representación do Concello. O único dato que che pedirán é o consumo enerxético, polo que deberás ter a man unha factura.

Pedimos a túa colaboración para poder deseñar a mellor estratexia posible para o noso medio ambiente. Grazas!

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X