Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

23-07-2020

PROGRAMAS REACTIVACIÓN E CHEQUE AUTÓNOMOS

PROGRAMAS REACTIVA COMERCIO, TURISMO E SERVIZOS SEGUROS

Autónomos e pemes poden solicitar ata o 31 de xullo as axudas dos programas Reactiva Comercio, Turismo e Servizos Seguros, postos en marcha pola Xunta para impulsar a reactivación dos sectores dos servizos, o comercio, o turismo e o transporte, apoiando a instalación de medidas de protección que garantan a seguridade de traballadores e clientes.

A tramitación realízase de xeito rápido e sinxelo e inclúe a achega de anticipos no momento da resolución favorable da axuda, pola metade da contía dos investimentos realizados. As iniciativas subvencionadas poden ser novas ou estar xa realizadas desde a declaración do estado de alarma.

As axudas destinaranse a cubrir os gastos realizados para a adquisición de equipos de protección individual e de desinfección; a adaptación dos espazos con equipamento de seguridade e redución do contacto entre persoas; a realización das obras de renovación, limpeza e ventilación do aire; e a posta á disposición dos clientes de información relativa ás medidas hixiénicas e de protección.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O 31 DE XULLO

Máis información:
Programa Reactiva Comercio Seguro
Programa Reactiva Servizos Seguros
Programa Reactiva Turismo Seguro

informa@igape.es e teléfonos 900 81 51 51 - 981 54 11 47

CHEQUE AUTÓNOMO

A Xunta mantén activa a nova liña de apoio aos autónomos para facilitar a adaptación á situación derivada da covid-19 e facilitar a recuperación deste colectivo. Ata o día 6 de agosto as persoas autónomas poderán solicitar as axudas deste programa, que ofrece financiamento do 100%, ata un límite de 1800 euros, e inclúe anticipos do 100% dos gastos realizados desde a declaración do estado de alarma ata o 31 de decembro deste ano.

Máis información en PROGRAMA CHEQUE AUTÓNOMO SEGUIMO ADIANTES - 2020

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X