Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

21-07-2020

Axudas para apoiar a inserción laboral, o autoemprego e o emprendemento entre a xuventude do rural: PEL RELEVO E PEL RURINNOVA

Publicadas no BOP  dúas novas liñas de axudas PEL, enmarcadas dentro da liña 4, de financiamento europeo, PEL-Rurinnova e PEL-Relevo que se desenvolven a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, e teñen como obxectivo apoiar a inserción laboral, o autoemprego e o emprendemento entre a xuventude do rural e facer fronte ao declive demográfico nos municipios do rural coruñés.

PEL RELEVO:

A través de PEL RELEVO cada empresa ou empregadora poderá obter axudas, segundo o cálculo establecido e a cóntía quer corresponda, de entre 6 e 12 meses para cada persoa moza contratada e ata un máximo de 5 persoas mozas contratadas na mesma empresa.

Esta axuda PEL RELEVO xestiónase a través de procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible.

PEL RURINNOVA:


A través de PEL RURINNOVA financiaránse as altas de persoas mozas que se incorporen ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos xa sexa como persoas físicas ou como persoas xurídicas, no caso de persoas xurídicas o número máximo de altas a subvencionar será de 3 persoas na mesma entidade, cubrindo coa axuda un período de  entre 6 meses mínimo e 12 meses como máximo.
O destacable entre ambas liñas e a posibilidade de obter axudas, cumprindo os demáis requisitos, de aquelas altas no RETA producidas dende o 1 de abril do ano 2019 ou aquelas contratacións de mozos e mozas producidas tamén dende esa data.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X