Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-06-2020

Exames universitarios na aula CeMIT de Vimianzo

O alumnado universitario poderá realizar os seus exames na aula CeMIT de Vimianzo, situada na Casa da Cultura de Vimianzo. 

Amtega xunto coa FEGAMP e as tres Universidades galegas asinan un acordo para que o alumnado universitario con dificultades para examinarse online desde os seus fogares poida facelo nos centros da Rede e a aula CeMIT de Vimianzo é unha das aulas que participa nesta iniciativa. 

O acordo, creado a pedimento das universidades, ten como obxectivo que aqueles alumnos que teñan dificultades para examinarse online desde os seus fogares poidan facelo grazas á conexión das aulas CeMIT, entre o 1 de xuño e 31 de xullo de 2020

As universidades galegas serán as encargadas de articular e trasladar ao alumnado o procedemento e protocolo para facer uso da Rede CeMIT para a realización dos seus exames. 

O alumnado interesado terá que inscribirse previamente como usuario da Rede, a través da web https://cemit.xunta.gal/ e reservar praza na aula da localidade do seu interese cunha semana de antelación e esperar a confirmación. 

Poderase consultar a listaxe completa de aulas participantes na seguinte ligazón.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X