Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-03-2012

Unha semana de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora

Os departamentos de Promoción económica, Cultura e Benestar Social e Igualdade prepararon un programa de actividades para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Diferentes actividades que se desenvolverán desde o venres día 2 ata o sábado día 10 de marzo, que pretenden abranguer a totalidade da sociedade e levar a unha reflexión sobre a desigualdade de xénero que aínda persiste no noso contorno.
O venres día 2 e o luns día 5 proxectaranse no telecentro dous audiovisuais titi¡ulados "Mans de homes" e "Mans de mulleres". Desde o luns 5 ata o mércores 7 na Casa da Cultura de Vimianzo teremos programación infantil, os nenos e nenas dos colexios de Baíñas e Vimianzo analizarán as causas da desigualdade de xénero a través das pólas dunha árbore xigante na Casa da Cultura. 
O xoves 8 de marzo, o Día Internacional Da Muller Traballadora, unha Marcha pola igualdade sairá do IES Terra de Soneira ás 12 da mañá e percorrerá as principais rúas de Vimianzo para chegar ás 12.30 horas á Praza do Concello, onde será recibida polo alcalde. Toda a xente que dexese poderá achegarse á praza do concello para participar da pequena sorpresa que nos teñen preparada os alumnos e alumnas do instituto. 
O venres 9, na Casa da Cultura proxectarase a película "En terra de homes", un filme no que está presetne a reivindicación do papel da muller na sociedade. E como colofón dos actos o sábado haberá unha charla-coloquio sobre "O papel da muller na Costa da Morte" coa presenza da reciñecida feminista Encarna Otero; da técnica do concello de Muxía, Viki Rivadulla; e da técnica do concello de Vimianzo, Nieves Lema.

Podes consultar aquí o programa completo

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X