Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

08-04-2020

Buscamos as creacións artísticas da rapazada coa actividade “Artistas na casa: debuxos infantís das ventás ás redes sociais”

O Concello de Vimianzo  presenta a  actividade ARTISTAS NA CASA: DEBUXOS INFANTÍS DAS VENTÁS ÁS REDES SOCIAIS  pertencente á programación dixital   #ActívateNaCasa.”

Ante esta situación tan especial que estamos a vivir, as ventás vimiancesas están quedando fermosas  cos debuxos dos máis pequenos e pequenas  da casa.  Esta creatividade  artística da rapazada  é unha mensaxe de optimismo ante  o avance  do COVID-19  que nos gustaría que compartiran con toda a veciñanza  de maneira virtual.

Por iso, desde o Concello de Vimianzo, queremos que tamén deixen as súas pinceladas  nas nosas redes sociais. Estes ventás e balcóns decorados polas familias son espazos temporais de arte para compartir  #VimianzoNaVentá.

Cos debuxos que nos acheguen ao correo cultura@vimianzo.gal crearemos un álbum na páxina do facebook do concello para que todos e todas poidamos  ver as creacións dos/as artistas infantís  vimiancéses.

Animádevos a participar e  quedemos na casa!! Xa falta menos para saír deste confinamento!
  • PASO 1: Facer un debuxo sobre o confinamento
Si xa o tes feito quitádelle unha fotiño!
  • PASO 2 Fáinolo chegar (indicando nome e idade do/a artista da casa) enviándoo ao correo cultura@vimianzo.gal
Crearemos un álbum na páxina de Facebook do Concello.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X