Concello de Vimianzo
1 de xuño de 2020
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-04-2020

O Concello de Vimianzo pon en marcha o servizo de impresión de copias de tarefas escolares e outros documentos

O Concello de Vimianzo pon en marcha o servizo de impresión de copias de tarefas escolares e outros documentos para evitar que o confinamento afecte o menos posible ó desenvolvemento da actividade académica e vital nos fogares dos vimianceses e vimiancesas. Esta documentación entregarase garantindo seguridade nos enderezos que nos indiquenos interesados e interesadas a través do correocultura@vimianzo.gal ou no whatsapp: 663676126.

Este servizo ofertase namentres dure o período de alarma como medida de loita contra a fenda dixital conscientes de que non tódolos fogares do municipio dispoñen de sistemas de impresión ou de conexión para acceder ós contidos dixitais necesarios para o desenvolvemento das actividades académicas obrigatorias.

O servizo de impresión acolle aquelas copias de documentos imprescindibles para a vida diaria neste tempo de confinamento nas casas.

Tamén acolle este servizo de impresión as copias de actividades dos talleres de memoria para persoas maiores que se entregarán nos fogares dos usuarios e usuarias que asistían semanalmente a estes talleres . Este servizo ampliarase a persoas maiores que o desexen e nolo comuniquen eles ou elas ou os seus familiares para que lle acheguemos unha copia das actividades propostas ós seus fogares.

Destinatarios do servizo: familias que non dispoñen nos seus fogares de sistemas de impresión e precisen:
  • Copias das tarefas escolares
  • Copias de documentos imprescindibles
  • Copias dos talleres de memoria para persoas maiores
Envio documentación e o enderezo de entrega a:
  • Whatsapp: 663676126
  • Correo: cultura@vimianzo.gal

Cita previa
Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2020 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X