Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Axudas e concesións

31-03-2020

REDE CULTURAL - 2020

Modificáronse as Bases da Rede Cultural do ano 2020, para engadir a seguinte disposición adicional:

Disposición adicional

Os concellos e as entidades sen ánimo de lucro realizarán a súa proposta de programación para o ano 2020.

Tendo en conta o disposto no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, no caso de que non sexa posible a realización dos espectáculos adxudicados aos concellos antes do 31 de decembro de 2020, poderán realizarse no primeiro trimestre do ano 2021, con data límite do 31 de marzo de 2021.

Esta ampliación do período de realización de espectáculos non afecta aos adxudicados ás entidades sen ánimo de lucro, que deberán realizarse antes do 31 de decembro de 2020.

A dita modificación foi publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 56 do 31 de marzo de 2020, pode consultase na seguinte ligazón https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/03/31/2020_0000002286.pdf

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X