Concello de Vimianzo
1 de xuño de 2020
O corazón da Terra de Soneira

Novas

27-03-2020

O Concello de Vimianzo propón unha programación para toda a familia no eido dixital denominada #ActívateNaCasa

O Concello de Vimianzo pon en marcha unha programación de cultura e deportes para toda a familia no eixo dixital, denominada #ActívateNaCasa.

Nestes intres de confinamento nas casas é moi importante estar activo tanto por saúde como para evadirse polo que propoñemos unha programación deportiva e cultural no eixo dixital dende o luns 30 de marzo ata que remate o estado de alarma.

A programación deportiva, #ActívateDeportes, que se pon en marcha é un adestramento virtual con sesións de pilates e aeróbic para manterse activo e en forma dende a casa. Dende o luns 30 emitiranse ás 11:00 h e ás 17:00h. sesións de streaming na páxina de facebook do Concello de Vimianzo.

A programación cultural, #ActívateCultura, que se pon en marcha son propostas de creatividade, lectura e lecer cultural para toda a familia. Tódolos días subiremos un post con propostas e recomendacións para ocupar o tempo de lecer con actividades de ocio e contidos formativos. Para contribuír a unha participación virtual queremos que nos amosen nas redes eses resultados da súa creatividade.

Outro servizo práctico neste tempo de confinamento é a á biblioteca virtual coa plataforma GaliciaLe, e senón tedes carné de biblioteca poderedes autorexistrarvos para acceder ó servizo de préstamo electrónico. Dende o Concello habilitouse unha ligazón (bánner) na paxina web principal para acceder á biblioteca virtual.

Animádevos a participar !! e polo ben de todos e todas quedemos na casa!! xa falta menos para volver á normalidade.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2020 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X