Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

26-03-2020

PLATAFORMA GOHU: novo servizo de información para empresas

A Xunta de Galicia pon en marcha unha aplicación móbil (App), a través da plataforma Gohu, que facilitará estar máis preto do tecido empresarial e de todos os axentes que conforman o mercado laboral galego. Con esta iniciativa preténdese que poidan estar informados/as en todo momento das novidades que se produzan.

A aplicación pon á disposición dos usuarios, de maneira totalmente gratuíta, información de todas as axudas e as principais normativas e circulares vinculadas á problemática do coronavirus que a Xunta ten aprobado, e que que se verán implementadas en próximas datas con novas iniciativas nas que se está a traballar. De igual xeito, a través da plataforma tamén se ofrece información das principais novidades trasladadas desde a Administración Xeral do Estado. Con ela, poderán estar puntualmente informado/a e coñecer en tempo real as medidas económicas e laborais impulsadas desde as Administracións.

Se está interesado/a en darse de alta nesta nova aplicación informativa que poñemos a súa disposición, só ten que:

1. Descargar a app para dispositivos móbiles:

Ambas ligazóns están disponibles ademais na páxina web: www.gohu.es

2. Unha vez instalada será necesario CREAR USUARIO, opción situada na parte superior de la pantalla:

A  plataforma pediralle:

- nome completo (nome e apelidos) da persoa que realiza o rexistro
- DNI / NIE da persoa que realiza o registro
- data de validez do DNI: está situada na parte frontal do DNI
- DÍXITO DE SEGURIDADE: un único díxito situado a beira das letras ESP da parte posterior do DNI

Se todo é correcto, activarse a opción SEGUINTE:

- teléfono no que desexa recibir as notificacións 
- contrasinal: contrasinal que desexa establecer para acceder á aplicación
- aceptar a opción de "recibir notificacións da Xunta de Galicia"
- aceptar a política de privacidade que garante que non se fará uso ilícito dos datos nin se cederán a terceiros sen o seu consentimento.

 3. REMATADO O REXISTRO xa poderá acceder á plataforma.

Importante: é necesario que o usuario dea de alta un enderezo postal na plataforma para poder recibir notificacións:

- no menú principal seleccionar a opción : DOMICILIOS
- engadir a dirección postal: provincia, código postal, poboación, rúa, número, piso...
Realizados estes pasos xa comezará a recibir as notificacións de maneira automática.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto coa Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emprego, no número de teléfono 665 919 781 ou ben a través do seguinte correo electrónico: hola@gohu.es.
 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X