Concello de Vimianzo
31 de marzo de 2020
O corazón da Terra de Soneira

Novas

16-03-2020

CORONAVIRUS: servizo de entrega a domicilio, suspensión de actividades e peche de instalacións

SERVIZO DE ENTREGA A DOMICILIO

O Concello de Vimianzo porá a disposición da veciñanza en situación de especial vulnerabilidade un servizo de entrega a domicilio de produtos de primeira necesidade, a ter en conta alimentos e medicamentos como prioridade.

  • Tels. deste servizo: 604 034 557 ou 663 676 126.
  • Horarios de atención telefónica:  9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

Desde o Concello rogamos un uso responsable deste servizo, para poder atender correctamente á veciñanza que máis o precisa.




SUSPENSIÓN E PECHE

Comunicamos que, debido á situación derivada da evolución do COVID-19(CORONAVIRUS), o Concello de Vimianzo seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias, autonómicas e estatais vai adoptar as seguintes medidas preventivas co fin de contribuír á contención e frear a propagación do Coronavirus entre a poboación:

1º) SUSPENSIÓN das seguintes actividades,ata novo aviso segundo a evolución dos acontecementos:

-Todas as actividades municipais deportivas, culturais, turísticas,programación cultural do auditorio municipaleas actividadesde lecer destinadas a terceira idade (baile social, talleres de memoria, etc.).

-Todas asactividades, cursos, talleres e similares que, por parte de asociacións,agrupacións, veciños/as, etc... se leven a cabo en instalacións ou edificios municipais.

2º) PECHE das seguintes instalacións municipais:gardería municipal, biblioteca, polideportivos, ximnasio, edificiode servizos múltiples, pista de pádel, centros culturais parroquiais, albergues, etc.

3º) A atención ao publico nas oficinas municipais: recoméndase á veciñanza que os trámites se realicen por vía telemática a través da sede electrónica do Concello: https://sede.vimianzo.gal e as consultas no correo electrónico: correo@vimianzo.gal ou nos seguintes teléfonos: 981716001 (Dependencias municipais), 617484852 (Policía Local)ou696427492 (Alcaldía).

RECOMENDACIÓNS:

- Seguir as instrucións ditadas polas autoridades sanitarias, e en caso de ter algún síntoma contactar co061,co teléfono de información para a cidadanía 900 400 116ou consultar a páxina do Ministerio de sanidadewww.mscbs.gob.es.

- Evitar aglomeración, viaxes e desprazamentos que non se consideren imprescindibles.

-Non levar os nenos/as ao parque infantil.

- Extremar as medidas de hixiene segundo as recomendacións sanitarias.

- Que as asociacións e entidades do municipio suspendan os seus actos públicos e sociais durante os próximos 14 días naturais.

O Concello de Vimianzo, solicita e agradece á veciñanza a máxima colaboración. Estas medidas iranse adaptando á evolución da situación epidemiolóxica e informarase de cada variación que se poida producir respecto das mesmas.

Ligazóns

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2020 +
- marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
4
5
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X