Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-03-2020

Programación dos sábados de marzo e abril do Auditorio da Casa da Cultura

Unha vez máis achégaranse a Vimianzo figuras da talla de Carlos Blanco, María Barcala, Víctor Mosquera, Melania Cruz, Evaristo Calvo, Patricia Vázquez, Santi Romay, Melania Cruz, María Costas...

Contaremos na programación do mes de marzo con 2 espectáculos enmarcados dentro dos actos de celebración do Día Internacional da Muller: maxia pola Igualdade e Dúas donas que bailan.

O 7 Maxia Maxia pola igualdade a cargo da ilusionista Fani Triana. A nosa protagonista chega a casa despois dunha xornada longa de actividades e creará fantasías ca louza da cociña, vasoiras, roupas, panos, mobiliario do salón, e rematará cunha exposición de forza física e mental: a mesma que durante décadas levan amosando as mulleres en prol dos seus dereitos fundamentais.

O día 14 será a quenda de Teatro do Atlántico baixo a dirección de Xúlio Lago, Dúas donas que bailan, no que vemos-como nun espello- situacións próximas e moi recoñecíbeis nas que as mulleres son as protagonistas que desenvolven a súa vida soportando e afrontando as dificultades a que as aboca a sociedade actual que todos fomos conformando: desafiuzamentos, malos tratos, soidade, abandono na vellez.

Unha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París, resístese a abandonar o esfarelado piso no que habita, malia as presións dos fillos e tamén da axencia propietaria do inmoble. Todos eles teñen outros plans para a vivenda. A filla, en tanto non consegue que a nai mude de actitude, contrata unha muller para que vaia facer os labores domésticos na casa dúas veces por semana. A muller contratada é unha profesora de Lingua e Literatura, de mediana idade, obrigada polas circunstancias a aceptar o traballo. O seu carácter contestatario é parello ao da vella, outrora unha muller rebelde e activista. A presenza da contratada non é ben recibida e cada xornada convértese nun inquietante e por veces traxicómico enfrontamento.

O día 21 o coñecido cómico e actor Carlos Blanco achéganos Os mellores monólogos.

Difícil escoller pero Carlos Blanco decide revisar algúns dos seus mais coñecidos monólogos. As bravas da Arousa (Queres Kiwis?), A dobraxe porno, Galizara, As grandes frases das nosas avoas e avós... 60 minutos de risas garantiras, porque Carlos Blanco introduce ademáis cada noite elementos de actualidade e improvisación.

O día 23 Producións Teatráis Excéntricas, compañía referente do teatro galego actual, achéganos a Vimianzo o seu espectáculo Medida x medida, versión da obra de William Shakespeare coa que a compañía compostelá celebra os seus 15 anos sobre as táboas.

Medida por medida é, segundo a propia compañía, unha comedia negra sufocante, divertida, enigmática e aceda, que coquetea constantemente co desastre. Acidade de Vienna é o labirinto no que se buscan, ansiosas, as personaxes de MxM. As rúas están electrizadas polo desexo e o medo, que se comportan como fluídos a encher minuciosamente cada recuncho, asfixiantes como un gas denso, brillantes como unha pinga de mercurio a rolar na cidade. As fascinadas criaturas foxen e perseguen, alternativamente, os escuros fantasmas do desexo que se esvaecen nos seus abrazos ou se insinúan no final de húmidos corredores. O xogo que se executa neste taboleiro é simple: salvar a vida dun home nas breves horas dunha noite.

Quico Cadaval, director da montaxe, e un elenco de luxo integrado por Melania Cruz, Evaristo Calvo, Patricia Vázquez, Josito Porto, María Costas, Santi Romay, Víctor Mosqueira e Bernardo Martínez. Ademais de co devandito elenco, Cadaval conta tamén para a súa posta en escena con Suso Montero no deseño de vestiario, Bernardo Martínez na dirección musical e Dani Juncal no deseño de iluminación.

O día 4 de abril será a quenda de Quico Cadaval que Conta...vacas, guerras, porcos e cregos. Cadaval conta a historia dun antepasado, Xuán o Fino, que era un home bo coa familia, pacífico e bo veciño, amigo de facer favores. Unha personaxe carente de interese para o público, por estar exento de maldade. Mais observando o entorno do patriarca, aparecen historias extraordinarias protagonizadas por personaxes menos virtuosos. Son coprotagonistas da historia vacas, curas, mentireiros, sementais, barbeiros , porcos,artistas de cine e militares.

O día 18 de abril Culturactiva achega a Vimianzo Papar sen cancelas, un delicioso espectáculo onde poderedes deleitarvos cunha exquisita selección gourmet dos mellores pratos da nosa lingua. Linguas soltas, linguas hábiles, linguas deslinguadas, linguas para todos os gustos! Poderedes presenciar as artes para a cociña cómica de tres xeniais chefs,Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei, preparando o menú para personaxes entre o máis distinguido do panorama galego actual; baixo a dirección de Diego Rey.

O día 25 pechará a programación o espectáculo Le Cirque do mago Cayetano Lledó. Maxia cómica inspirado tanto nas liñas de teatro clásico coma as correntes actuais, pero con un enfoque innovador e característico. Adéntrate no fabuloso mundo do circo baixo a visión fresca e renovada do home que revolucionou as artes circenses fusionadas coa maxia, Monsieur Lafayette. Entraremos no apaixonante mundo dun héroe da escena moderna, que rescatou o vaudeville e mailo cabaret para facelos emerxer con máis forza que nunca.

As representacións, destinadas a adultos serán ás 20:00 h .e a billeteira abre unha hora antes do inicio do espectáculo

Estará á venda un bono para os 7 espectáculos por 25€ e haberá descontos para maiores de 65 anos e para estudantes acreditados.

O prezo de entrada é de 5 euros ( reducida 2.50€).

Os espectáculo Maxia pola igualdade da ilusionista Fani Trianaten un prezo entrada de 3,50€ ( reducida 2€) .

O público infantil e familiar tamén ten o seu oco na programación do auditorio, tardes de inverno en familia o domingo ás 18:30 h..

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X