Concello de Vimianzo
3 de abril de 2020
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-03-2020

Grande éxito no Entroido do Concello de Vimianzo onde se repartiron máis de 6000 euros en premios

O Concello de Vimianzo rematou a programación para o Entroido 2020 onde repartíu máis de 6000 euros en premios nos concursos de disfraces de Vimianzo e Baiñas.

O sábado 22 comezaron as celebracións do Entroido en Vimianzo co tradicional pasarruas e concurso de disfraces.
Os rapaces e maiores puideron desfrutar de tarde de animación, inchables e flocos de millo e rematar o sábado de Entroido coa boa música da Orquestra Trebol.

O xurado, que estivo composto por profesionais de distintos medios de comunicación da zona, outorgou os seguintes premios:
Categoría infantil Individual:
1º Hulk
2º Botelleitor
3º A todo gas

Categoría Adulto individual:
1º O monstro do inodoro
2º Lady Panini
3º Sir votton

Categoría parellas:
1º Picoletos
2º Ruta dos faros
3º As dúas Marías

Categoría Grupos:
1º Ponte disfrace: reino de fantasía
2º Os Beatles
3º Bolboretas monarcas

Categoría Comparsas:
1º A través da pupila
2º As costas das mulleres
3º A arca de Noé

O luns 24, martes 25 e mércores 26 de febreiro desenvolveuse un exitoso Obradoiro infantil de cociña entroideira no que participaron 75 nenos e nenas de 3 a 10 anos.

En Baíñas as celebracións desenvolvéronse o sábado 29 onde as comparsas recorreron as rúas dende O Outeiro até o Pavillón Polideportivo. No Pavillón festa entroideira con inchables, animación,música e cea consistente en Lacón con grelos e filloas.
O xurado, que estivo composto por profesionais de distintos medios de comunicación da zona, outorgou os seguintes premios:

Categoría infantil Individual:
1º premio 60€ :Kaijou
2º premio: Madame Journal
3º premio: Pac maniático

Categoría Adulto individual:
1º O monstro inodoro
2º Lady Panini
3º Sir Votton

Categoría parellas:
1º Millonada cartonada
2º Picoletos

Categoría Grupos:
1º Ponte disfrace: reino de fantasía
2º Os Beatles
3º Bolboretas monarcas

Categoría Comparsas:
1º Os da charca
2º Enjominados de See
3º O imperio de Nefertite

A alcaldesa en nome da Corporación Municipal agradece a todas as persoas que mantedes viva a ilusión da festa de Entroido da que vimos de gozar.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2020 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X