Concello de Vimianzo
31 de marzo de 2020
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-02-2020

Entroido 2020

O Concello de Vimianzo presentou a programación para o Entroido 2020 onde repartirá máis de 6000 euros en premios nos concursos de disfraces de Vimianzo e Baiñas.
En Vimianzo o día grande será o sábado 22 de febreiro e a partir das 16:30 h as comparsas, grupos, parellas e disfraces individuais percorrerán as rúas da vila para rematar nunha carpa da Praza do Concello onde haberá concurso disfraces, inchables e actividades para os máis cativos e moita troula entroideira coa orquestra Trebol.

Este ano as comparsas repartiranse 1700 €, os grupos 600€, as parellas 225€, disfraces individuais adultos 225€ e os disfraces individuais infantís 120€. O prazo para anotarse remata o 20 de febreiro ás 14:00h. de xeito presencial na Casa da Cultura ou por teléfono chamando ao 981717288.

O luns 24, martes 25 e mércores 26 de febreiro desenvolverase na Casa da Cultura un Obradoiro infantil de cociña entroideira. Poderán participar nenas e nenos de 3 a 10 anos. O prazo para anotarse remata o 20 de febreiro.

En Baíñas as celebracións desenvolveranse o sábado 29 de febreiro a partir das 19:30 h. As comparsas recorrerán as rúas dende O Outeiro até o Pavillón Polideportivo. No Pavillón haberá festa con inchables, animación,música e cea consistente en Lacón con grelos e filloas.

Este ano os premios serán os mesmos que en Vimianzo onde as comparsas repartiranse 1700 €, os grupos 600€, as parellas 225€, disfraces individuais adultos 225€ e os disfraces individuais infantís 120€. O prazo para anotarse remata o 27 de febreiro ás 14:00h. por teléfono chamando ao 667654088.

Ligazóns

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2020 +
- marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
4
5
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X