10-02-2020
Probas de acceso ao GRAO MEDIO E SUPERIOR e para OBTENCIÓN ESO E BACHARELATO
Proba de acceso GRAO MEDIO E SUPERIOR
Probas de acceso a ciclos formativos de grao MEDIO:
- Requisitos: Persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a un ciclo formativo de grao medio e teñan 17 anos ou os fagan durante o 2020
- Prazo de inscrición: Do 2 ao 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao SUPERIOR:
- Requisitos: Persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a un ciclo formativo de grao superior e teñan 19 anos ou os fagan durante o ano 2020
- Prazo de inscrición: Do 10 ao 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.
ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG
Proba obter título de ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS
Requisitos das persoas aspirantes:
- Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.
- Non estar nin ter estado matriculadas no curso 2019/20 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
- O alumnado matriculado durante o curso 2019/20 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
- Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
- Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
Prazos de matrícula:
- Convocatoria de maio: do 16 ao 27 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos
- Convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos
ENLACE Á CONVOCATORIA DO
DOG
Proba obter título de BACHARELATO
Requisitos das persoas aspirantes:
- Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2020
- Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
- Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2019/20
Prazo de presentación de solicitudes: do 27 de febreiro ao 12 de marzo de 20
ENLACE Á CONVOCATORIA DO
DOG
MÁIS INFORMACIÓN
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA
981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 - 15:00