Concello de Vimianzo
8 de febreiro de 2023
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-02-2012

Vimianzo orgulloso dos Goyas da produtora executiva da película Arrugas

Na gala do cine español do pasado domingo Vimianzo tamén tivo o seu momento de protagonismo, pois a película de animación Arrugas, da produtora Perro Verde Films, gañadora de dous galardóns, conta coa vimiancesa María Arochena Romero como produtora executiva. Arrugas alzouse cos Goyas ao mellor guión adaptado e á mellor película de animación e María quixo compartir coa familia e amigos de Vimianzo este éxito e esta fin de semana puidémola ver no castelo cos galadóns, acompañada tamén por Manuel Antelo, que non quixo deixar pasar a ocasión de felicitala.
Mais non só Vimianzo estivo presente con María Arochena na Gala dos Goya, senón que o actor vimiancés Martiño Rivas, que tanto éxito está acadando no cine español, foi o encargado de entregar o primeiro dos galardóns, mellor guión adaptado, á película Arrugas.
A gran noite do cine español foi tamén unha gran noite para Vimianzo, e desde o concello queremos darlle os parabéns a María Arochena polo éxito acadado, ben seguro que os viminceses e vimiancesas non se perderán esta película porque en Vimianzo estamos orgullosos do noso.   

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2023 +
- febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X