Concello de Vimianzo
5 de xuño de 2020
O corazón da Terra de Soneira

Novas

24-01-2020

Programación infantil do Auditorio para os meses de febreiro e marzo

O Concello de Vimianzo presenta a programación infantil e familiar do Auditorio da Casa da Cultura para os meses de febreiro e marzo.

O domingo 2 de febreiro comeza no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo a programación infantil e familiar, tardes de inverno en familia , no que os protagonistas serán os máis pequenos. As cinco actuacións destas tardes de inverno en familia serán de balde os domingos ás 18:30h.

O 2 de febreiro o cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa de Teatro Calavera contarannos o divertido que é cociñar e elaborarán a receita do mellor Chocolate. Ao rematar o conto a rapazada poderá participar nun obradoiro de cociña elaborando brocheta de froitas recuberta da receita de chocolate.

O 16 de febreiro será a quenda de Producións teatrais Excéntricas que nos achega a Vimianzo Cartóons, o seu primeiro espectáculo para público familiar. É un espectáculo de estilo clown, con temas musicais e que ten como eixo central a reciclaxe, unido a outros temas como a amizade, a solidariedade, a hixiene e a importancia do exercicio físico.

Os populares actores Victor Mosqueira e Josito Porto danlle vida aos dous clowns da montaxe, que forma parte da celebración do 15º aniversario da compañía. Estes particulares clowns viven fóra do sistema, rodeados de cartóns e o que a sociedade considera lixo é para eles unha materia prima moi valiosa para facer todo tipo de construcións e aparellos.

No mes de marzo as compañías representarán espectáculos con temática contra a violencia de xénero enmarcada na medida de sensibilización e prevención- educación do Pacto do Estado contra a violencia de xénero.

O 1 de marzo Rilo&Penadique farannos chegar fermosas historias contadas coa incrible capacidade de narrar de Vero Rilo e a dozura musical da acordeonista Sonsoles Penadique. No Pozo das señoras falarannos de historias ben sorprendentes protagonizadas por mulleres e fiadas por pequenas correntes de auga e emocións.

O 15 de marzo Raquel Queizás achegaranos contos pola igualdade Somos iguais. Nesta obra Queliña, unha nena que quere ser piloto, rompe os estereotipos que abundan nos contos e preséntanos a nenas decididas e nenos sensibles. A través dos contos con esta obra búscase previr dende a nenez todo tipo de violencia mediante novos modelos de feminidade e masculinidade rachando así cos roles e estereotipos asignados.

O 29 de marzo pecharase a programación co cómico e narrador oral Pedro Brandariz. Non máis princesas é un espectáculo inspirado en contos clásicos cunha clara mensaxe de igualdade e que avogan por romper con estereotipos asociados ao xénero.

Nos vindeiros días presentarase a programación dos sábados dos meses de marzo e abril destinada a público adulto.

Cita previa
Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2020 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X