Concello de Vimianzo
24 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-11-2019

Con motivo do 25N

Vimianzo en negro contra a violencia de xénero

Unha campaña transversal co apoio do Pacto de Estado en contra da Violencia de Xénero

VIMIANZO EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da conmemoración do 25N, o Concello de Vimianzo organiza a campaña NOVEMBRO EN NEGRO, que arrancou na pasada fin de semana coa obra teatral VALENTE E REBELDE, dirixida a todos os públicos, principalmente ao infantil. A área de Cultura encadra neste mes outra obra teatral, ANATOMÍA DUNHA SEREA, que se poderá ver na Casa da Cultura o próximo sábado, 23/11/2019, ás 20:00.

Tamén forma parte desta programación un CURSO DE AUTODEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓNS VIOLENTAS, que se imparte os días 18 e 25 no ximnasio municipal, e outro dedicado á constitución e dinamización da MESA LOCAL de coordinación para o colectivo profesional especializado no tratamento dos casos de violencia de xénero a nivel municipal.

Negocios contra a violencia de xénero, entre o 18 e o 25 de decembro

Uns 60 negocios de Vimianzo participan activamente na sensibilización contra a violencia de xénero. E fano a través de mensaxes nos establecementos e repartindo 4000 sobres violetas, dos que máis de 1400 levan un agasallo para desfrutar en establecementos participantes na campaña. Os sobres conteñen citas, artigos de leis, frases empoderantes, etc.

Concentración do 25N

Para o 25N, o Concello ten preparado un acto que consistirá na formación dun lazo xigante de cor violeta dentro dun cadrado negro. Serán integrantes do tecido asociativo, rapaces dos centros educativos e outras persoas que se acheguen, as que conformarán este debuxo humano, realzado con paraugas.

Co obxectivo de participar de maneira activa contra esta lacra e de seguir loitando de forma unida para que o lema "NIN UNHA MÁIS" se faga real e efectivo, o Concello de Vimianzo invita a toda a comunidade para que o 25N acuda a esta concentración, que terá lugar na praza do Concello ás 12:00 horas, con vestimenta negra e provistos dun paraugas de cor negra.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X