Concello de Vimianzo
18 de novembro de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

04-11-2019

O empresariado de Vimianzo responde positivamente ao chamamento do Concello para dinamizar os meses de novembro e decembro

O Concello de Vimianzo, nesta nova etapa, quere prestar unha especial atención ao comercio, á hostalería e ao resto do empresariado local. Para iso, convocouse unha xuntanza o martes, e outra a última hora da tarde de onte onde o grupo de goberno presentou varias propostas e escoitou as inquedanzas de cara a promocionar a actividade económica do municipio vimiancés.

Os principais temas tratados foron:

1) NEGOCIOS EN NEGRO. VIMIANZO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Participación do empresariado na programación de Vimianzo en negro, con motivo do 25N e da loita contra a violencia de xénero. O empresariado acolliu moi ben a proposta que se presentou que se denomina Negocios en negro . Esta campaña ten como base a decoración co material de "En Negro" e a entrega de sobres sorpresa en cor violeta á clientela dos negocios. Dentro dos sobres irán mensaxes en contra da violencia de xénero e vales para consumir nos negocios locais (por exemplo, un pastel na panadería X ou un café no bar X). Xa hai máis de 4entidades anotadas para participar.

2) CAMPAÑA DE NADAL. A alcaldesa, Mónica Rodríguez Ordóñez, presentou varias propostas que foron complementadas polas achegas do empresariado nas dúas reunións que se mantiveron nesta semana. Fixo fincapé na intención de ter alumeado de Nadal por un período máis longo que anteriormente e en facer un programa lúdico dentro dunha carpa na praza do concello durante ese período.
Inscrición on line
Para a inscrición na campaña de Negocios en negro. Vimianzo contra a violencia de xénero habilitouse un formulario on line accesible desde un banner na web www.vimianzo.gal.
Esta información divulgouse por grupos de whatsapp, por correos electrónicos, cartas e msm.

Nova xuntaza o luns coa hostalería
A raíz destas xuntanzas xurdiron novas ideas para desenvolver por parte dos negocios de hostalería durante o Nadal. Polo que se convocou unha nova xuntanza para o próximo luns, 4 de novembro, ás 20.00 na Casa do Concello.
CAMPAÑA NEGOCIOS EN NEGRO

Datas: entre o 18 e o 25 de novembro
En que consiste?:

1) Empregar o material da campaña provincial "En Negro"
2) Entregar un sobre sorpresa violeta a cada cliente nese período. Dentro do sobre van ir mensaxes e vales (consumicións noutros establecementos e agasallos no punto violeta que se instalará na praza do concello na mañá do 25 de novembro) Os vales de consumicións en establecementos serán adquiridos.
3) Poden levar a cabo actividades adicionais de promoción, animación ou comunicación (descontos, rincuncho violeta, tendal en negro, redes sociais...)

Todo o material será entregado desde o concello. Instalarase un punto violeta o día 25.

Máis información: Departamento de Promoción Económica do Concello de Vimianzo

Ligazóns

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X