Concello de Vimianzo
20 de outubro de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

04-10-2019

Formación e-administración para ás asociacións

O pasado 03 de outubro de 2019, convocamos ás asociacións locais a unha charla formativa organizada polo programa Pel - Concello Dixital, que é un proxecto da Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Vimianzo.
 
A formación, que tivo lugar na Aula CeMIT da Casa da Cultura e á que asistiron un total de 13 membros de distintas asociacións da nosa vila, foi impartida por Laura Pérez, axente dinamizadora dixital da Deputación de A Coruña. Esta sesión formativa abordou os distintos métodos de identificación necesarios para relacionarse telemáticamente coas Administracións Públicas, vía pola cal as asociacións están na obriga de comunicarse e facer todos os trámites administrativos, motivo polo cal a charla estaba orientada precisamente a este sector. Por outro lado, os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer un pouco máis a Sede Electrónica do Concello de Vimianzo e todas as súas posibilidades, así como ver a realización de distintos procedementos de interese para asociacións como son os trámites da solicitude de subvencións ou como firmar documentos virtualmente coa autofirma.
 
O programa Pel - Concello Dixital xunto co Concello de Vimianzo ten previsto convocar en novembro outra acción formativa para asociacións sobre SUBTEL, a plataforma de presentación telemática de solicitudes de subvención da Deputación de A Coruña.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X