Concello de Vimianzo
20 de outubro de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

30-09-2019

A arqueogastronomía de Vimianzo traspasa fronteiras

O municipio portugués de Esposende convidou ao Concello de Vimianzo no Día Internacional do Turismo, para explicar o seu singular proxecto gastronómico.
 
No marco dunhas Xornadas Europeas de Patrimonio e Turismo, o pasado venres, o Técnico de Patrimonio do Concello de Vimianzo, Manuel Rial Santos, presentou o proxecto “Vimianzo, do mar á terra” e falou sobre a arqueogastronomía aplicada ao principal certame gastronómico da vila, os Pinchos Irmandiños.
 
Desde o municipio miñoto, mostraron o seu interese no proxecto vimiancés a partir dunha demostración realizada no certame gastronómico “Xantar” en Ourense, onde coñeceron a iniciativa “arqueogastronómica”. Deste xeito, Esposende inspirouse nela para crear un proxecto propio de recuperación de receitas doutro tempo, “Esgastronomía”. Como introdución á presentación do proxecto vimiancés, o profesor da Universidade do Porto Carlos Brochado Almeida explicou a alimentación do pobo galaico durante a Idade do Ferro e a época medieval.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X