Concello de Vimianzo
12 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

27-09-2019

O Concello de Vimianzo impulsa unha xornada de asesoramento para a instalación de naves no parque empresarial

  • Haberá atención individualizada con técnicos de Suelo Empresarial del Atlántico e co arquitecto municipal
  • As persoas emprendedoras interesadas poderán solicitar a súa cita no Departamento de Promoción Económica ou on line
  • A data de realización é o 28 de outubro (ampliable ao 29 se hai demanda)

Despois da recente visita da Xerente de SEA (Suelo Empresarial del Atlántico), Beatriz Sestayo, a Vimianzo, iniciáronse as xestións para artellar unha xornada de asesoramento individual a persoas empresarias ou emprendedoras interesadas en investir no Parque Empresarial de Vimianzo.

Mónica Rodríguez Ordóñez, alcaldesa de Vimianzo, insiste no interese do actual goberno municipal por dinamizar esta infraestructura e loitar con fórmulas diversas por conseguir o asentamento de novas compañías.

Esta xornada de asesoramento personalizado quere dar resposta a moitas das preguntas que se fan os inversores, preocupados por cuestións relativas ao terreo útil de cada parcela, aos requisitos urbanísticos, ás dotacións, etc.

O prazo de solicitude de cita estará aberto entre os días 2 e 23 de outubro. Poderase acudir ao Departamento de Promoción Económica ou empregar o formulario on line que se acompaña. Despois comunicaranse os horarios de cita asignados.

Ligazóns

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X