Concello de Vimianzo
20 de outubro de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

27-09-2019

O Concello de Vimianzo presenta a programación dos sábados de outono do Auditorio da Casa da Cultura

Unha vez máis achegaranse a Vimianzo figuras da talla de Manuel Baqueiro, Antonio Mourelos, Federico Pérez,Evaristo Calvo, Patricia Vázquez, , Rebeca Montero, Santi Romay,Toño Casais, Artur Trillo,etc.

Dirixe varios destes espectáculos un dos grandes nomes da escena galega, Candido Pazó e outras figuras de referencia no teatro galego coma Santiago Cortegoso e Xesús Ron.

O sábado 5 de outubro achegarase a Vimianzo a agrupación folclórica Ximiela co espectáculo Raigame, que é unha viaxe o longo de 14 actuacións nas que tratan de mergullar ao público nunha historia contada de primeira man. Recollen o sufrimento dos máis de un millón de galegos e galegas, e todas as súas familias, que sufriron, e sofren, a soidade da emigración.

O 26 de outubro é o turno de Contraproducións con A compañeira de piso.Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.

As representacións de novembro estrearanse o día 2 con Nun cuarto da Rotonda, a primeira montaxe de Acusmaser Opus. A obra conta coa participación de Federico Pérez, Evaristo Calvo e Santi Romay que manifestan a confusión propia de quen dá voltas nunha rotonda e non sabe qué camiño elixir; o camiño que vai ou o camiño.

O día 10 será a quenda de Desconexión, monólogo de Xurxo Cortázar, o individuo 299/1973 FK3 que vive conectado a un semáforo regulando o tránsito dos peóns. Unha avaría no seu sistema fai que saia da súa gaiola e emprenda unha viaxe cara ao descoñecido.

O día 16 achegarase a Vimianzo a compañía Talía coa obra Vida de Cáns. Talía presenta nesta ocasión unha comedia metafórica que pon en escena a tres actores recluídos nun recinto preparado polo seu amo, moi cómodo, pero que os fai enfrontarse ao de fora, a liberdade. Desexámoslle unha pronta recuperación a Toño Casais para que poida pórse na pel de Lupo o máis axiña posible e nos acompañe neste recinto pechado do escenario do Auditorio de Vimianzo que el coñece ben.

O día 23 a coñecida compañía Chévere, con 25 anos de traxectoria artística, achéganos a Vimianzo un proxecto de teatro documental e autobiográficoque fala de como se trata o feito de dar a luz, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados.

O día 30 pechará a programación O Electo da compañía Contraproducións.O electo reflexiona nun rexistro de comedia sobre os efectos da política e as terapias psiquiátricas.
As representacións ,destinadas a adultos coa excepción de Raigame para público familiar, serán ás 20:00h.
Estará á venda un bono para os 7 espectáculos por 24€ e haberá descontos para maiores de 65 anos e para estudantes acreditados.
O prezo de entrada é de 5 euros ( reducida 2.50€).

Os espectáculos Raigame e Desconexión teñen prezo entrada de 3,50€ ( reducida 2€) .
A billeteira abre unha hora antes do inicio do espectáculo
O público infantil e familiar tamén ten o seu oco na programación do auditorio,Outono Rebuldeiro, as tardes de domingo. Máis información en www.vimianzo.gal

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X