Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

19-09-2019

O CONCELLO DE VIMIANZO PORÁ EN VALOR A TRANSLATIO DE CEREIXO A TRAVÉS DUN PROXECTO SUBVENCIONADO POLO PROGRAMA O TEU XACOBEO

A TRANSLATIO E OS CAMIÑOS DE SANTIAGO NA COSTA DA MORTE

A Xunta de Galicia concedeu unha axuda de 13.140,00 €

O proxecto que vai desenvolver o Concello de Vimianzo dentro do programa O Teu Xacobeo pretende poñer en valor a representación do episodio da Translatio que recolle o tímpano da porta lateral da Igrexa de Santiago de Cereixo.

Esta imaxe é singular e única xa que se trata da iconografía en pedra máis antiga que se coñece no mundo sobre ese tema e, ademais, está inspirada nas primeiras versións que falaban de que o cadaleito do Apóstolo viña acompañado de sete discípulos. Por outra banda, na clave do tímpano aparecen as figuras dun bispo co báculo na man e un anxo que parecen presenciar a escena, imaxes que fan referencia a outra parte da tradición xacobea, a Inventio, ou descubrimento do sepulcro.

A presenza da advocación de Santiago en Cereixo, tan preto do santuario da Virxe da Barca de Muxía, fai pensar na posibilidade de que a ría de Camariñas e Cereixo poidese funcionar como porto de chegada de peregrinos do norte de Europa dende a Idade Media.

O proxecto

Recompilación de patrimonio documental sobre a Igrexa de Santiago de Cereixo. Trátase de recoller información sobre a parroquia de Cereixo en diferentes arquivos e tamén sobre o episodio da Translatio.

Simposio sobre a Translatio e os Camiños de Santiago na Costa da Morte. Está programado para os días 25 e 26 de outubro e terá os seguintes contidos:
Tarde do venres, 25 de outubro: relatorios sobre A Translatio e o fenómeno xacobeo na Costa da Morte.
Mañán do sábado, 26 de outubro:
Panel expositivo sobre o Camiño de Santiago, o turismo e o desenvolvemento rural
Panel expositivo sobre os Camiños de peregrinación na Costa da Morte
Tarde do sábado, 26 de outubro:
Visita guiada á Igrexa de Santiago de Cereixo

Exposición A Translatio, inspiradora de artistas locais. É unha actividade participativa na que se pretende expoñer creacións de escolares, de artesáns e de artistas locais para que dean a súa visión da Translatio a través de pinturas, esculturas, encaixe, teas, madeira, xoias, etc.
Visitas guiadas para escolares. Ofertarase aos centros educativos a posibilidade de realizar unha visita guiada á Igrexa de Cereixo.

Comunicación e divulgación do proxecto a través dun espazo web e de redes sociais.

Ligazóns

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X