Concello de Vimianzo
20 de outubro de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-09-2019

Segunda fase de escavacións no Castro das Barreiras

Esta semana tivo lugar o comezo da segunda fase de escavacións no complexo do Castro das   Barreiras co profesor e arqueólogo, Tito Concheiro, á fronte do proxecto.

Coa recente reserva económica duns 15.000 euros aprobada por medio da modificación de crédito no último pleno, este goberno quere dar mostras da firme aposta que está facendo por este proxecto arqueolóxico para converter o Castro das Barreiras “nun equipamento cultural” do Concello de Vimianzo. Según as indicacións do propio arqueólogo, a previsión é a de deixar a metade do castro ao descuberto e a outra metade tal e como está, para poder así admirar como o paso do tempo vai afectando ás construcións.

Dende este goberno queremos poñer de manifesto o interese por lograr o maior aproveitamento cultural, educativo e turístico baseado no enorme potencial arqueolóxico que o Castro das   Barreiras representa para Vimianzo no marco dun conxunto patrimonial que o mesmo Concheiro se atreveu a definir como “único” ao poder concentrar nun perímetro relativamente preto do casco urbano un conxunto castrexo e un castelo medieval.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X