Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

13-09-2019

EXPOSICIÓN SOBRE A TRANSLATIO DE CEREIXO

Na Igrexa de Cereixo, no seu pórtico lateral, consérvase unha iconografía de referencia no mundo xacobeo, a Translatio do Apóstolo Santiago. É a imaxe máis antiga que se coñece en pedra sobre esta temática. Dada a importancia do elemento desexamos que a xente de Vimianzo a coñeza a fondo e unha das actividades que imos desenvolver vai ser unha exposición titulada A Translatio, inspiradora de artistas locais.

Desexamos que participen nela todas as persoas interesadas nas artes e que creen unha obra que recolla a súa visión deste pórtico e da imaxe que transmite. Pode ser pintura, cerámica, madeira, debuxos, encaixe, telas, ...., o que dicte a creatividade de cadaquen.

A artesanía do Castelo de Vimianzo estará presente na exposición "A Translatio, inspiradora de artistas locais". Así o manifestaron na xuntanza que mantiveron hoxe coas concelleiras María José Pose e Rosa Blanco.

Durante a xuntanza explicóuselle o contexto histórico e as diferentes lendas existentes sobre esa parte do mundo Xacobeo e a singularidade do pórtico de Cereixo desde o punto de vista artístico.

Para comunicar a súa participación deberá dirixirse ao Departamento de Promoción Económica do Concello de Vimianzo o antes do 11/10/2019.

As obras que se creen exhibiranse na Casa da Cultura entre o 23 de outubro e o 6 de novembro de 2019.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X