Concello de Vimianzo
27 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

24-07-2019

Grupos de baile galego en Europeade

O luns 22/07/2019, a alcaldesa, Mónica Rodríguez, doulle a benvida a varios integrantes dos grupos de baile galego “Foliada de Salto”, “Airiños do Río Grande de Vimianzo” e  “Asociación Breogán de Brens”, os cales participaron no festival Europeade en Frankenberg (Alemania) durante a semana pasada e baixo o nome de "AC Costa da Morte". 

En total foron 32 bailaríns e bailarinas os que nos representaron no que se considera o festival de maior relevancia en materia de folclore dentro do territorio europeo, pois conta con case 5.000 participantes. 
 
Dende o Concello de Vimianzo, queremos darlle as grazas a estes veciños e veciñas por dar a coñecer a nosa cultura por europa.

56ª Europeade in Frankenberg (Eder) 2019. Alemania.

Este ano, o festival celebrouse do 17 ao 21 de xullo de 2019. 

A Europeade foi creada en 1964 como a Festa dos Pobos, co obxectivo de promover a paz, a amizade e a unidade en Europa, mantendo e preservando a diversidade das rexións europeas. 

Durante cinco días, as rúas e prazas da Cidade Vella e Nova estarán cheas de música internacional, danza popular e folclore. En numerosas etapas entre Obermarkt, Kloster e Wehrweide a xente baila, fai música, canta e celebra.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X