Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

19-07-2019

Presentación libro Os Bolechas no Asaltiño de Vimianzo

Os Bolechas educan en igualdade aos nenos vimianceses e nenas vimiancesas nun conto editado recentemente polo Concello de Vimianzo e financiado polo Pacto do Estado contra a violencia de xénero.

A Alcaldesa, Monica Rodríguez,a Concelleira de Benestar Social, Igualdade, Ensino e Mocidade, María José Pose e a Concelleira de Cultura,Turismo e Promoción Económica, Rosa Blanco, presentaron unha nova iniciativa do Concello a favor da educación en igualdade dos nenos e nenas vimianceses: edición dun libro guía protagonizado polos Bolechas.

Os famosos personaxes infantís, creados polo debuxante e guionista Pepe Carreiro, viven durante un paseo polo distintos puntos emblemáticos do municipio con motivo da festa do Asalto ao Castelo de Vimianzo unha experiencia na que se van desmontando estereotipos sexistas moi enraizados na sociedade. Os Bolechas mostran por exemplo que non hai profesións só de mulleres nin só de homes ou que nas tarefas da casa tanto homes coma mulleres teñen que cooperar.

Neste libro titulalo Os Bolechas no Asaltiño de Vimianzo conséguese dobre obxectivo de educar en igualdade e ao mesmo tempo por en valor o municipio, pois os Bolechas van paseando polos Batáns do Mosquetín, Dolmen Pedra Cuberta,Castro das Barreiras , Carballo de Cereixo, Penedos de Pasarela e Castelo de Vimianzo. Tamén nos achegan os Bolechas ás escolas e colexios do municipio, Escola Infantil Municipal Os Vimianziños, Escolas Infantís de Carnés e Carantoña, CEIP Castromil, CEIP de Baiñas e CEIP de Vimianzo.

Para a alcaldesa a edición deste libro é un recurso educativo no que traballar coas novas xeracións na igualdade entre homes e mulleres e no respecto entre persoas independentemente do seu sexo, sempre contra a violencia de xénero.

O Concello editou 1000 exemplares deste libro-guía, que distribuirá entre os nenos e nenos e nenas que participan no Vimiverán,na Biblioteca Municipal, centros escolares do municipio así como nas bibliotecas de Galicia para que tódolos nenos e nenas de Galicia coñezan da man dos Bolechas Vimianzo a singularidade do Asaltiño Ao Castelo.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X